O goberno local baixará en 2011 as taxas de asistencia domiciliaria e non aplicará o IPC ás de gardería e centros para maiores
O Pleno da Corporación ratificou este luns definitivamente as ordenanzas fiscais para 2011. Os impostos conxelaranse tras a aplicación do IPC (un 1,5%), non se actualizarán as taxas de escolas infantís e centros de maiores, e reducirase a de asistencia domiciliaria nun 1,31%. A concelleira de Facenda, Raquel Díaz, subliñou que a carga fiscal da cidadanía diminuirá o vindeiro ano, pese a ser hoxe en día o gran concello galego con menor carga fiscal.
O goberno local de Vigo aprobou este luns definitivamente as ordenanzas fiscais para 2011, na sesión do Pleno da Corporación Municipal correspondente ao mes de novembro.
Segundo explicou a concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, a cidadanía viguesa verá reducida a presión fiscal con respecto ao presente ano ao aplicarse o IPC nas taxas excepto nas das escolas infantís e dos centros para maiores e tras a rebaixa nun 1,31% das de asistencia domiciliaria
Raquel Díaz salientou asemade que as ordenanzas inclúen as bonificacións fiscais introducidas en anos anteriores para os máis desfavorecidos, como descontos no IBI, para vehículos pouco contamiñantes... En total, sobre 10.000 familias estanse a beneficiar das medidas fiscais do goberno local nos últimos tres anos.
A edil de Economía e Facenda subliñou que estas ordenanzas suporán unha menor carga fiscal, un menor nivel de endebedamento para o Concello e un maior investimento e atención social aos vigueses e viguesas.
A voceira do BNG, Iolanda Veloso, destacou as medidas "de esquerdas" adoptadas polo goberno local e reflectidas nas contas municipais, un executivo "que goberna para todo o mundo" e se centra nos que "precisan maior apoio" pola crise económica que estamos a atravesar.
O voceiro en Economía do Partido Popular, Jorge Conde Gil, cualificou de "prepotentes" aos concelleiros e concelleiras que conforman o goberno vigués, porque "non están coas persoas". O edil afirmou que "os impostos non baixan" e pola contra "subiron" e denunciou que o Concello está a multar á cidadanía para "cadrar as contas".
Descargar todas as imaxes