Escoitar

A Casa da Xuventude amosa a exposición fotográfica "Impacto Visual" de David Muíños ata o 14 de decembro

A sala de exposicións da Casa da Xuventude acolle unha nova mostra, neste caso a colección fotográfica "Impacto visual", do artista David Muíños coñecido artisticamente como Fotos DMD. A exposición pódese visitar ata o 14 de decembro de luns a venres de 9 a 14 horas e de 17 a 20 horas.

luns, 29 nov 2010
1291038114David.jpg
O obxectivo do artista coa mostra "Impacto Visual" é chamar a atención do espectador ou espectadora, non que as súas obras lle gusten, senón que lle impacten, que as vexan diferentes, que lle queden na mente gravadas e que se imaxinen unha historia. A mostra recolle fotografías desde o espido artístico ata o retrato de moda, desde a foto máis caótica á mais sinxela, xa que busca a variedade para non estancarse en ningún estilo en particular.
Descargar todas as imaxes