Escoitar

Os grupos Romasanta, JIT, Ataraxía e Vacalouras compiten o venres na final do concurso "Ao mesmo son"

A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, presentou hoxe a fase final do concurso "Ao mesmo son", que se celebrará o vindeiro venres na Sala Infierno coa actuación dos catro grupos finalistas e as actuacións de Berrogüetto e os vigueses The Crass. "Estmaos moi satisfeitas porque a participación foi moi boa", afirmou a concelleira. Presentáronse quince temas, dos que catro chegaron a fase final. Os grupos JIT, Romasanta, Ataraxía e Vacalouras serán os que o venres actúen por última vez diante do xurado para definir os tres primeiros premios.

mércores, 1 dec 2010
1291210027Concurso.JPG
Iolanda Veloso explicou que o concurso "Ao mesmo son" desenvolveuse dentro do programa de lecer xuvenil alternativo Súbete ao Castro en conmemoración do Día internacional contra a violencia de xénero. A concelleira sinalou que con esta iniciativa quíxose implicar á xente moza na loita contra a violencia de xénero. Por iso, ao tempo que se lles ofrecía unha oportunidade para amosar a súas cualidades, pedíaselles que os temas que presentaran tiñan que ter como tema principal a igualdade entre homes e mulleres e a violencia de xénero.

Patricia Suárez, responsable do concurso, indicou que participaron solistas e grupos con estilos diferentes, que van desde o hip-hop ate o pop rock. Igualmente salientou que, aínda que a temática era a violencia de xénero, "as cancións que presentaron tratan o tema desde perspectivas moi diferentes".

Iolanda Veloso apuntou que se estableceu un sistema de selección dos temas a través da votación popular en Myspace e Facebook. En total 690 persoas deron a súa opinión e das súas votacións resultaron os catro grupos finalistas. O gañador recibirá un premio de 500 euros, o segundo clasificado corresponderanlle 300 euros e o terceiro, 200 euros.
Descargar todas as imaxes