O tenente de alcalde promociona mañá mércores en Barcelona a oferta de Vigo como destino turístico
O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, presentará mañá en Barcelona a oferta de Vigo ao sector turístico da cidade catalana, dentro da campaña de promoción da cidade en mercados nacionais e internacionais do Plan de Competitividade Turística de Vigo. A oferta turística que a nosa cidade presentará en Barcelona aposta pola ría e o turismo urbano como grandes eixos da campaña "Vigo, velo para querelo".
O acto celebrarse no Esferic, un edificio histórico situado nos afamados xardíns Joan Brossa, en Montjic. A presentación de Vigo reunirá a todos os estamentos vinculados ao sector turístico da Cidade Condal (axencias de viaxes, hostaleiros, hoteleiros, técnicos de empresas turísticas..), así como o Departamento de Turismo da Cámara de Comercio, Turismo de Barcelona, Turismo da Generalitat, a Oficina de Promoción Turística da Deputación de Barcelona e as compañías aéreas Iberia e Vueling. Precisamente o feito de que Vigo teña voos directos todos os días con Barcelona é un dos aspectos que se quere aproveitar para impulsar a posición do noso mercado turístico na cidade catalana.
A presentación de Vigo quíxose facer coincidindo coa celebración en Barcelona da EITBM, a feira líder no sector de reunións globais e de incentivos. Por iso, a través do Vigo Convention Bureau tamén se ten promocionado este evento entre os expositores da feira, as empresas organizadoras profesionais de congresos (OPCs) e os Contention Bureau do resto do Estado.
Ao remate da presentación sortearanse dúas viaxes para que dúas persoas podan gozar dun fin de semana en hoteis de cinco ou catro estrelas de Vigo.