Escoitar

O alcalde saúda a celebración do primeiro Consello de Administración da nova caixa "desde Vigo para Galicia"

Abel Caballero quixo expresar este mércores a súa benvida aos integrantes do Consello de Administración da nova caixa de aforros, que celebra hoxe en Vigo a súa primeira reunión "de toma de decisións". A nova entidade financeira terá en Vigo a súa sede operativa e directiva, co que nace "unha nova caixa desde Vigo para Galicia", afirmou o alcalde, "capaz de liderar o sistema financeiro" da comunidade.

mércores, 1 dec 2010
1291210175017.jpg
O Consello de Administración da nova caixa de aforros de Galicia celebra hoxe mércores en Vigo a súa primeira reunión de "toma de decisións", polo que o alcalde, Abel Caballero, saudou e deu a benvida aos integrantes da dirección da "nova caixa desde Vigo para Galicia".

"Como será sempre", indicou Caballero, a entidade única tomará as súas decisións en Vigo, polo que o rexedor deu a benvida ao presidente da caixa en primeiro turno, Julio Fernández Gayoso, e ao director xeral, José Luis Pego -ambos procedentes de Caixanova- e transmitiulles "os nosos mellores desexos" na nova etapa financeira galega.

O alcalde indicou que hoxe comeza a operar desde Vigo "unha caixa de aforros capaz de liderar o sistema financeiro de toda Galicia", chamada a "contruibuir ao asentamento da economía e da industria en Vigo e en toda Galicia". "Hoxe póñense as cousas como sempre deberon estar", apuntou.
Descargar todas as imaxes