Abel Caballero fai un repaso aos temas centrais da cidade no almorzo-coloquio do Club Financieiro
O Club Financieiro de Vigo acolleu esta tarde o almorzo coloquio do alcalde de Vigo no que o rexedor aportou a súa visión da cidade, do seu presente e do seu futuro, a través das claves económicas que a caracterizan; a industria automobilística, a industria naval, a hostalería e o turismo conforman os eixos básicos da capacidade dunha urbe que debe pilotar a súa sustentabilidade en oportunidades como o desenvolvemento de infraestruturas tales coma o aeroporto, a alta velocidade, a autopista do mar ou a ampliación de Rande, entre outras.
Abel Caballero, arroupado polas forzas empresariais e sociais da cidade de Vigo, quixo recoñecer en primeiro lugar o papel do Círculo de Empresarios de Galicia en temas transcendentais para a cidade. Así o rexedor arrancou o seu discurso sinalando que "hoxe é o día 1", o día da Novacaixagalicia, tras a celebración onte do primeiro consello de administración da nova caixa galega na cidade de Vigo. Caballero aludiu á entidade financeira "que tiña que buscar o seu emprazamento, a súa dirección, e o seu proxecto da forma exacta na que saíu: coa ubicación do seu primeiro Consello nesta cidade e a responsabilidade e solvencia que lle da a equipa que sae en forma nuclear do ámbito de Caixanova", dixo.
Caballero centrou a súa alocución no peso da economía de Vigo "que vive enteiramente no mundo da internacionalización e aí queremos seguir", indicou Caballero. Nesta defensa da economía da cidade o alcalde quixo destacar a "lei de caixas de aforros" na que, segundo apuntou "aí todos soubemos que tiñamos que estar á altura". Tal e como afirmou esa defens sustentouse en que "a expoliación dunha entidade financeira dun territorio significa inequívocamente a decadencia. Ter referencias localizadas é un elemento solvente de pervivencia", sinalou.
Cidade industrial
O alcalde referiuse as características económicas da cidade sustentadas na industria do automóbil, "co apoio absoluto do goberno local e central" Neste aspecto lembrou a capacidade de influencia deste goberno "para defender a industria do territorio. "Seguimos empeñados no apoio que se ten que dar desde o Goberno de España a Citröen no desenvolvemento da industria tradicional e do vehículo eléctrico e queremos liderar o establecemento de coches eléctricos en Europa". Neste sentido adiantou que o Concello xa traballa con PSA Peugeot Citröen nun convenio de cooperación centrado en axudas á produción do coche eléctrico en Vigo, sen precedentes na cidade.
Respecto do naval apostou pola necesidade de elaborar un plan naval de toda a ría de Vigo e sobre o turismo e a hostalería debullou un novo escenario aberto coa posta en funcionamento do Auditorio Pazo de Congresos de Beiramar. "Herdamos este auditorio quebrado e hoxe é unha realidade polo empeño de Caixanova e do Concello ademais de polo esforzo da cidade"
A súa visión do futuro da cidade pasa, tal e como detallou, polas infraestruturas e subliñou un deseño aeroportuario que "excede todo o que podíamos ter soñado nunca". Así incidiu na necesaria aposta por un aeródromo nacido con vocación europea capaz de permitir que os empresarios poidan "moverse polo mundo". O alcalde avanzou que tras o deseño do mapa de rutas exposto pola Xunta de Galicia, o goberno local xa estableceu os primeiros contactos para negociar directamente rutas coma Londres ou Frankfurt que uniríanse a xa existente con París.
Avogou ademais pola potenciación do porto vigués e por sumar esforzos para cerrar a autoestrada do mar, polo apoio ao proxecto de ampliación de Rande e pola nova dimensión que se lle presenta á cidade co AVE directo.
Abel Caballero recalcou así mesmo os logros do goberno municipal, coa aprobación de catro orzamentos consecutivos, a aprobación do PXOM ou o feito de que Vigo sexa na actualidade a cidade en réxime común menos endebedada de España, cunha taxa de endebedamento do 16,41%.
Descargar todas as imaxes