Escoitar

Anuncio corte de tráfico Policarpo Sanz- García Barbón

venres, 3 dec 2010
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de aglomerado, a realizar pola empresa UTE DRAGADOS EXCONSA, estarán pechadas ao tráfico as rúas e treitos seguintes:POLICARPO SANZ, GARCIA BARBON, entre Alfonso XIII e Colón, con acceso exclusivo para garaxes e SERVIZO PÚBLICO dende o xoves 09 de decembro de 2010 ás 10:00 horas e por un período aproximado de dous días.

O aglomerado realizarase en dúas fases. Na primeira fase pecharase a rúa Policarpo Sanz e a metade do cruzamento desta rúa con Colón. O tráfico xeral, cara á rúa Urzáiz, desviarase polas rúas: República Arxentina, Rosalía de Castro, Inés Pérez de Ceta, Areal e Colón. Na segunda fase pecharase a rúa García Barbón, entre Alfonso XIII e Colón.

O tráfico xeral, cara á rúa Urzáiz, desviarase polas rúas: García Barbón, Serafín Avendaño, Rosalía de Castro, Inés Pérez de Ceta, Areal e Colón. O tráfico xeral, cara a Porta do Sol, desviarase polas rúas: García Barbón, Serafín Avendaño, Rosalía de Castro, Inés Pérez de Ceta, Areal, Compostela e Reconquista. Recoméndase aos usuarios da autopista AP 9 sair polas rúas Bos Aires ou Isaac Peral evitando na medida do posible a saída pola rúa Alfonso XIII.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.