Escoitar

Abel Caballero destaca a seguridade cidadá no acto de recoñecemento a seis policías xubilados

O alcalde de Vigo e o concelleiro de Tráfico, Mobilidade e Seguridade, Xulio Calviño entregaron na mañá deste venres os diplomas a seis policías locais xubilados que adicaron 40 anos da súa vida "a traballar con gran empeño". O rexedor eloxiou a labor dos case que 400 efectivos locais que percorren a diario as rúas da cidade.

venres, 3 dec 2010
1291384377medallaspolicia.JPG
Abel Caballero presidiu o acto de entrega das medallas da Policía Local no que destacou o traballo "duro e difícil" de todo o corpo municipal. "Temos unha das mellores policías locais de España", afirmou o alcalde, que permite aos vigueses vivir nunha cidade "segura".

"Hai unha grande colaboración coa Policía Nacional e coa Guardia Civil", dixo Caballero. No acto de recoñecemento aos seis policías locais xubilados Caballero quixo incidir nesta labor de coordinación e ofreceu datos como que Vigo ten preto de 1000 axentes, entre Local e Nacional, velando pola seguridade cidadá. "Vigo é unha cidade moi segura, por riba de cidades de tamaño similar ao de Vigo e incluso de cidades máis pequenas", concluíu.
Descargar todas as imaxes