O Museo da Cidade organiza visitas guiadas á mostra "Unha nova pinacoteca para Galicia" ata fin de ano na Casa das Artes
Co gallo da exposición "Quiñones de León: unha nova pinacoteca para Galicia", que se pode visitar na Casa das Artes, o Museo da Cidade pon en marcha un programa didáctico que inclúe visitas guiadas para o público en xeral e actividades especificamente dirixidas a escolares e familias. Segundo informa a Tenencia de Alcaldía e as concellerías de Cultura e Patrimonio Histórico, mediante estas actividades os participantes poden achegarse gratuitamente e de xeito entretido ao contido da mostra, unha selección de 83 obras da colección municipal da plástica galega dos séculos XIX e XX, que inclúe obras de artistas como Serafín Avendaño, Maside, Sotomayor, Castelao, Laxeiro, Colmeiro e Lugrís.
As visitas guiadas para público en xeral consisten nun percorrido polas salas que conforman a mostra no que un ou unha guía explicará de forma amena as diversas obras expostas. Estas visitas poden realizarse sen reserva previa, ou reservando previamente si se vai acudir en grupo, e están dirixidas a todos os públicos, aínda que os menores de idade deben ir sempre acompañados dun adulto. Os horarios son, os domingos ata o 26 de decembro ás 12:30 horas e nas datas de Nadal, do 22 ao 30 de decembro, agás os días 24, 25 e 26 ás 19 horas. O horario para os grupos que realicen a visita con reserva previa reserva, ata o 23 de decembro será de luns a venres en horario de mañá e nas datas de Nadal, do 22 ao 30 de decembro, agás os dias 24, 25 e 26 ás 18 horas.
As visitas dinamizadas para familias, "Xogando coa arte", tratarán de achegar a historia da pintura galega a través dun itinerario didáctico, que inclúe xogos e actividades nas propias salas, onde os participantes aprenderán a mirar a arte dun xeito didáctico e lúdico. Estas visitas teñen unha duración dunha hora e media e están dirixidas a nenos e nenas de 4 a 12 anos, que poden ir acompañados dos seus familiares ou quedar ao cargo do persoal educador. O número máximo de participantes é de 15 nenos e nenas cun máximo de dous acompañantes. O horario desta actividade , ata o 26 de decembro, é os domingos ás 11 horas sen reserva.
Tamén hai un programa específico para escolares, "Achégate á arte". Ten o obxectivo de propiciar un achegamento a arte dun xeito afectivo, polo que as visitas escolares tratan de acadar o interese dos e das participantes pola pintura, desenvolvendo as habilidades que lles permitan gozar da experiencia estética. Esta actividade pretende que o alumnado aprenda a mirar as obras, a extraer a información e gozar coas historias que nos contan os artistas. Observar, pensar e falar son os tres pasos do proceso da aprendizaxe ante as obras que tratan de acadar un entretemento educativo.
"Achégate a arte" está dirixido a estudantes de todas as etapas, dende educación infantil a bacharelato e se compón dunha visita guiada dinamizada pola exposición, onde os rapaces e rapazas realizarán distintas actividades dependendo da etapa educativa na que se atopen. As visitas para escolares desenvólvense de luns a venres en horario de mañá e é preciso facer reserva previa.
As reservas poden facerse no teléfono 986 29 50 70 e no correo electrónico saves.museocastrelos@vigo.org