martes, 7 dec 2010
A concelleira socialista afirmou que o alcalde transmitiu a proposta a membros do colectivo Imán, tras celebrar un encontro na mañá deste martes. Díaz insistiu en que é necesario dar unha solución inmediata as persoas sen teito mentres non se pecha o emprazamento definitivo.
martes, 7 dec 2010
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, anunciou este martes a posta en marcha da segunda fase de sinalización do patrimonio arquitectónico e cultural da cidade, que inclúe 40 edificios históricos, que se suman aos 37 da primeira fase. Segundo o edil nacionalista, esta iniciativa ten o obxectivo de "divulgar dun xeito permanente e accesible a toda a cidadanía todo este potencial histórico", que inclúe entre outros inmobles como a Casa Bárcena, o edificio Pardo Labarta, o grupo de casas para Benito Sanjurjo e o edificio Curbera.
martes, 7 dec 2010
Co gallo da exposición "Quiñones de León: unha nova pinacoteca para Galicia", que se pode visitar na Casa das Artes, o Museo da Cidade pon en marcha un programa didáctico que inclúe visitas guiadas para o público en xeral e actividades especificamente dirixidas a escolares e familias. Segundo informa a Tenencia de Alcaldía e as concellerías de Cultura e Patrimonio Histórico, mediante estas actividades os participantes poden achegarse gratuitamente e de xeito entretido ao contido da mostra, unha selección de 83 obras da colección municipal da plástica galega dos séculos XIX e XX, que inclúe obras de artistas como Serafín Avendaño, Maside, Sotomayor, Castelao, Laxeiro, Colmeiro e Lugrís.