Escoitar

Vigozoo organiza un curso de xestión e conservación da flora e fauna en Galicia

Vigozoo abre o prazo de inscrición nun curso de carácter divulgativo no que se pretende dar unha imaxe xeral da situación actual da xestión e conservación da flora e fauna na Comunidade Galega en particular, e na Península Ibérica en xeral.

xoves, 31 mar 2011
130156981813002831151zoo.jpg
O curso dará coñecer os programas de manexo e xestión de diversas especies, a problemática ambiental, os efectos das especies invasoras, os programas de actuación específicos in situ e moito máis.

Aberto o prazo de inscrición a todo o público, terá lugar o venres 8 e sábado 9 de abril nas instalacións do parque zoológico e o domingo 10 de abril no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.

Contará cun máximo de 70 prazas por orde de inscrición, e foi solicitado o recoñecemento dun crédito de libre configuración para todas as titulacións da Universidade de Vigo, e para a licenciatura de veterinaria da Universidade de Santiago. Actualmente en fase de aprobación.

A contía da inscrición ordinaria é de 90 euros , mentres que os estudantes universitarios terán un prezo reducido de 45 euros.

A inscrición será por orde de chegada das solicitudes.
Descargar todas as imaxes

Máis información