Iolanda Veloso presenta o abano de actividades programadas pola Casa das Mulleres e o Centro de Recursos Feministas
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este xoves as actividades programadas pola Casa das Mulleres e o Centro de Recursos Feministas para os vindeiros dous meses, que inclúen xornadas, ciclos sobre saúde, cine, presentación de libros, exposicións e un obradoiro literario, entre outras propostas. "Con estas iniciativas preténdese chegar a toda a cidadanía, de diferentes idades e distintos intereses en dous espazos emblemáticos, e que permitan camiñar cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria", destacou a concelleira nacionalista.
Iolanda Veloso salientou que as actividades propostas enmárcanse nas actuacións do IV Plan integral de igualdade de oportunidades de mulleres e homes do Concello de Vigo. Lembrou que o Centro de Recursos Feministas foi aberto hai un ano para ofrecer un servizo de xestión de información, documentación e materiais de traballo sobre muller, xénero e igualdade. Sinalou que as actividades deste espazo comezarán co ciclo de charlas sobre mulleres de discurso feminista "Mulleres con historia", os xoves do 7 ao 12 de maio, entre as que citou Olimpe de Gouges e Urania Mella.
A concelleira de Igualdade salientou que as seguintes actividades que terán lugar neste centro será o obradoiro literario "Nós tamén escritoras", a cargo de Francisco Castro, e "Videoforum", organizado pola Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos, que será os martes 12 de abril e 10 de maio. Avanzou que o 26 de abril presentarase o libro "Parir a liberdade: o movemento feminista en Galicia", mentres que o 31 de maio será a presentación de "Lidia Senra: a historia dun liderado entrañable".
Respecto ás actividades que terán lugar na Casa das Mulleres, Iolanda Veloso salientou que se suman aos servizos que se ofrecen habitualmente, como o asesoramento e información actualizada de subvencións a colectivos de mulleres; a cesión de espazos ás asociacións de mulleres e o fomento da súa participación sociocultural, entre outros. Sinalou que a primeira actividade prevista é a celebración das xornadas "Lingua, xénero e comunicación", os vindeiros 4 e 5 de abril de 18 a 21.30 horas. A seguinte será o ciclo "Muller e saúde integral", que terá lugar os mércores do 13 de abril ao 25 de maio e ten os obxectivos de promover a mellora da calidade de vida e a saúde integral das mulleres potenciando o seu benestar físico e psíquico en todas as etapas das súas vidas. A concelleira de Igualdade afirmou que é un programa "moi demandado polas distintas asociacións".
"Ademais hai programadas exposicións para facer visible o traballo creativo das mulleres", engadíu a edil nacionalista. Comentou que tamén se desenvolverán actividades do movemento asociativo de mulleres, como o relatorio "Coach Ontolóxico", organizado pola Asociación "Madres Latinas" o vindeiro 7 de abril ás 20.00 horas; a I Escola feminista: "Centros e Periferias", do 11 ao 14 de abril; e a III Semana contra a Homofobia, a Bifobia e a Transfobia, que terá lugar do 16 ao 20 de maio.
Descargar todas as imaxes