Vigo substituíu máis de 21.000 metros de rede de abastecemento, saneamento e pluviais na cidade durante o último ano
xoves, 31 mar 2011
Caballero felicitou a aqualia polo seu traballo, sobre todo pola "dificultade" do abastecemento, xa que Vigo ten "a metade" de rede de abastecemento de auga que Madrid, pese a ter unha décima parte da poboación. O primeiro edil recordou que as humanizacións incluíron a renovación dos servizos soterrados. O balance de 2010 arroxa que cada vigués consume unha media de 133,14 litros/día, unha cifra por debaixo da media autonómica e estatal.
xoves, 31 mar 2011
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentou este xoves os convenios asinados con cinco entidades sen ánimo de lucro da cidade que traballan no campo da discapacidade e a solidariedade internacional, como son as asociacións Doa, Down, Fundación Menela, Asociación de Persoas Xordas de Vigo e Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. A edil do BNG salientou que a contía total destes convenios é de 106.300 euros, que supoñen "un empuxe necesario para as asociacións e porque nas subvencións fallan outras administracións".
xoves, 31 mar 2011
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este xoves as actividades programadas pola Casa das Mulleres e o Centro de Recursos Feministas para os vindeiros dous meses, que inclúen xornadas, ciclos sobre saúde, cine, presentación de libros, exposicións e un obradoiro literario, entre outras propostas. "Con estas iniciativas preténdese chegar a toda a cidadanía, de diferentes idades e distintos intereses en dous espazos emblemáticos, e que permitan camiñar cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria", destacou a concelleira nacionalista.
xoves, 31 mar 2011
Vigozoo abre o prazo de inscrición nun curso de carácter divulgativo no que se pretende dar unha imaxe xeral da situación actual da xestión e conservación da flora e fauna na Comunidade Galega en particular, e na Península Ibérica en xeral.
xoves, 31 mar 2011
Do 4 ao 8 de abril o Auditorio da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia albergará, baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR, nas que participarán preto de 300 noveis actores e actrices pertencentes a 12 centros de educación primaria e aos grupos da Escola Municipal de Teatro de Vigo. Cada un dos centros de ensino participantes ofrecerá unha representación teatral.