Escoitar
Vigo substituíu máis de 21.000 metros de rede de abastecemento, saneamento e pluviais na cidade durante o último ano

O alcalde salienta a "calidade excepcional" da auga viguesa no balance de xestión de aqualia en 2010

Caballero felicitou a aqualia polo seu traballo, sobre todo pola "dificultade" do abastecemento, xa que Vigo ten "a metade" de rede de abastecemento de auga que Madrid, pese a ter unha décima parte da poboación. O primeiro edil recordou que as humanizacións incluíron a renovación dos servizos soterrados. O balance de 2010 arroxa que cada vigués consume unha media de 133,14 litros/día, unha cifra por debaixo da media autonómica e estatal.

xoves, 31 mar 2011
1301588573aqualia.jpg
Durante o último ano, Vigo substituíu un total de 21.179 metros de rede de abastecemento, saneamento e pluviais na cidade, o equivalente a dúas veces a distancia aproximada entre Vigo e Mos. O 53,7% de rede substituída en 2010 correspóndese con abastecemento, o 19,3% con saneamento e o 27% restante con pluviais.

Abel Caballero, Alcalde de Vigo, destacou o esforzo que o Concello e aqualia realizaron durante o último ano por renovar as infraestruturas en materia de abastecemento e saneamento de auga na cidade. "Fixemos unha aposta moi importante na mellora dos sistemas que conducen a auga aos fogares dos cidadáns vigueses. Ademais de incrementar os metros de rede de abastecemento renovados mellorouse a calidade dos materiais dos condutos e aplicáronse técnicas de traballo innovadoras. Estamos a renovar a cidade por dentro e por fóra".

Os vigueses consumen menos auga que a media autonómica
En 2010, cada vigués consumiu unha media de 133,96 litros/día. En palabras de José María Ardoy, Director de aqualia Vigo, "a cidade está cada vez máis concienciada co consumo responsable da auga. Con respecto á media estatal e a autonómica, os vigueses consomen 21 litros diarios menos que os españois e 13 menos que os galegos".

O consumo de auga non doméstico (empresas) segue á baixa en 2010 situándose nos 913,88 litros/día. Ademais, en 2010 Vigo reduciu o seu consumo de auga en máis de 1,5 millóns de m3 con respecto a 2007. Esta redución no consumo está motivada por varias actuacións entre as que destacan os sistemas de telecontrol, que permiten monitorizar diariamente os consumos dos depósitos, a sectorización na rede, a renovación de contadores (o pasado ano cambiáronse 6.503 contadores, o 5,46% do total) e a alerta aos clientes con consumos excesivos, entre outras.

Máis de 66 millóns de m3 de auga depurados
En 2010, captáronse 36.130.503 m3 de auga. O servizo municipal de auga de Vigo dispón de tres captacións diferenciadas para a auga de subministración domiciliaria, o manancial de Bembrive - Beade e as presas de Eiras e Zamáns.

En concreto, a presa de Eiras que tivo un volume máximo de 20,69 Hm3, contou cun nivel medio de capacidade do 86,45% en 2010. Pola súa banda, a presa de Zamáns ten un volume máximo de 1,99 Hm3 e durante o pasado ano, tivo unha capacidade media de 93,90%. O máximo subministrado en 2010 foi de 112.320 m3/día. As dúas Estacións Depuradoras de Augas Residuais (Lagares e Teis) depuraron en 2010 un total de 66.275.908 m3 de auga.

Preto de 5.000 vigueses solicitan a e-factura
En 2010, aqualia Vigo atendeu a 34.431 clientes. De todos eles, 24.763 foron atendidos en ventanilla, 1.885 foron atencións técnicas e 7.783 contratacións/reclamacións. O ano pasado a atención en aqualia Contact foi de 51.801 contactos. Destes, o 58,9 % foron consultas, as 28,8 % solicitudes, as 10,82% avarías e menos do 0,4 %, reclamacións. En 2008, aqualia puxo en marcha a factura electrónica que permite a recepción da factura directamente no e-mail. Un total de 4.876 vigueses solicitárona durante o pasado ano, o que se traduce nun 43 % máis que en 2009.
Descargar todas as imaxes