Escoitar

Educación e a Escola Municipal de Teatro presentan as II Xornadas de Teatro Escolar

Do 4 ao 8 de abril o Auditorio da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia albergará, baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR, nas que participarán preto de 300 noveis actores e actrices pertencentes a 12 centros de educación primaria e aos grupos da Escola Municipal de Teatro de Vigo. Cada un dos centros de ensino participantes ofrecerá unha representación teatral.

xoves, 31 mar 2011
Ao longo do periodo no que se organizan estas II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR, o Servizo de Educación do Concello de Vigo, pon ao alcance dos centros educativos participantes, un servizo de apoio e seguimento que garante todo tipo de consultas e intercambios de información sobre este encontro teatral, que é dinamizado polo claustro de profesores/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo.

A diferenza doutras iniciativas como mostras ou concursos de teatro escolar, esta programación didáctico-teatral favorece e supón un reforzo tanto do proceso de traballo creativo cotiá do profesorado e alumnado nos centros escolares como da plasmación final por parte dos escolares en formato obra de teatro.

Coa continuación por segundo ano consecutivo destas xornadas, preténdese recoñecer o labor creativo que se está a desenvolver nos centros de ensino, ademáis de tender pontes de froitífera colaboración entre os contornos escolares e o teatro profesional.


A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, está situada na Rúa Poza Cabalo, s/n en Vigo (Navia),

Máis información