venres, 1 abr 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe venres o inicio do prazo de inscripción para solicitar unha das vivendas en aluguer "a prezos módicos" que dispón o Concello de Vigo en Navia. Desde hoxe, os interesados poden acudir á oficiña municipal de vivenda -sita na rúa Oporto, 1- para a inscripción e ata o 16 de maio, despois de que o Boletín Oficial da Provincia publicase onte a resolución. Caballero saudou esta "moi boa nova" ao tratarse das "primeiras vivendas das que dispón o Concello" para aluguer.
venres, 1 abr 2011
O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López, presentou este venres o concerto que abrirá o programa das Festas de Verán de Vigo 2011. Trátase da actuación que ofrecerá o artista colombiano Juanes o 15 de xullo no auditorio de Castrelos, na que ademais de interpretar algúns dos maiores éxitos da súa carreira como "Volverte a Ver", "La Camisa Negra", "Me Enamora" ou "A Dios le Pido", Xesus López avanzou que presentará os temas do seu último disco, "P.A.R.C.E", entre os que destacan cancións como "Regalito" ou "Yerbatero".
venres, 1 abr 2011
O alcalde de Vigo visitou este venres o antigo local de IgualArte en Bouzas para rubricar a cesión dunha nova sede en Arquitecto Pérez Bellas, de 250 metros cadrados, atendendo así ás necesidades de espazo desta Fundación sen ánimo de lucro. A entidade atende a unhas 100 persoas con discapacidade intelectual e traballa na súa normalización mediante a arte. Caballero ensalzou a "excepcional" laboura do colectivo, que agora terá un "lugar moi digno" onde desenvolverse.
venres, 1 abr 2011
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, afirmou este venres na apertura do curso "Manipulador de alimentos" que proporcionar información e formación é un dos obxectivos do proxecto Redess, posto en marcha no 2010 para coordinar o traballo das asociacións que desenvolven a súa laboura no eido da exclusión social severa. "Afondar na formación dos voluntarios e voluntarias é unha forma de mellorar a calidade dos servizos que se ofrecen", asegurou a concelleira nacionalista.
venres, 1 abr 2011
A oitava edición do mercado de produtos tradicionais galegos que organiza a Concellería de Patrimonio Histórico no Paseo de Alfonso iniciará unha nova etapa o vindeiro domingo, 3 de abril, coa ampliación do espazo utilizado e a celebración de dúas charlas de produtores ecolóxicos e un obradoiro de cestería para familias. O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, destacou ademais que a visita á feira formará parte do programa "Camiña e coñece", que o domingo fará un percorrido pola "Ruta da historia" da cidade.