O alcalde propón un "bypass" que una o actual emisario terrestre co submariño para garantir auga ao Morrazo no verán
Abel Caballero presentou esta proposta ao alcalde de Moaña, Xosé Manuel Millán, nunha entrevista mantida este venres, á que non quixo acudir a rexedora de Cangas. O rexedor vigués propuxo levar a auga potable polo actual emisario terrestre -evitando os 3 quilómetros da obra que quere facer a Xunta- para unilo co submariño mediante un "bypass" de 350 metros á altura de Baixada ao Espiñeiro. É a única opción para garantir auga ao Morrazo antes do verán, indicou.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este venres ao seu homólogo de Moaña, Xosé Manuel Millán, a opción viguesa para que a Xunta de Galicai resolva o problema de abastecemento de auga ao Morrazo, que pasaría por unir o actual emisario terrestre co submariño cun "bypass" de 350 metros á altura de Baixada ao Espiñeiro.
En rolda de prensa, Caballero reiterou que "non vou tolerar que ninguén rompa a cidade de Vigo", en referencia ao novo emisario terrestre de 3 quilómetros de lonxitude que quere facer a Xunta de Galicia. O alcalde asegura que o problema está na conducción submariña e non na terrestre, onde arránxanse as avarías "nunha hora".
A alternativa viguesa do "bypass" -que trasladará á Xunta de Galicia- é a única que garante o abastecemento de auga ao Morrazo de problemas para o verán, xa que execútase "en vinte días" mentres que a obra prevista polo goberno autonómico non rematará ata despois dos meses de verán.
Abel Caballero revelou asemade que non opónse á construcción dun novo emisario terrestre -tal e como plantexa a Xunta de Galicia- e ofrece acordar os termos da obra, a humanización resultante e o financiamento da obra. O primeiro edil vigués explicou que o "bypass" é unha "moi boa solución" que garante a auga ao Morrazo ao tempo que non "rompe" tres quilómentros da cidade de Vigo con "gran densidade de poboación".
Descargar todas as imaxes