Caballero anuncia a cesión dun local na Seara de 250 m2 á Fundación IgualArte, que atende a 100 discapacitados
O alcalde de Vigo visitou este venres o antigo local de IgualArte en Bouzas para rubricar a cesión dunha nova sede en Arquitecto Pérez Bellas, de 250 metros cadrados, atendendo así ás necesidades de espazo desta Fundación sen ánimo de lucro. A entidade atende a unhas 100 persoas con discapacidade intelectual e traballa na súa normalización mediante a arte. Caballero ensalzou a "excepcional" laboura do colectivo, que agora terá un "lugar moi digno" onde desenvolverse.
