Escoitar
Xerencia de Urbanismo

Iniciación do estudo sobre necesidades da modificación puntual nº 5 do PXOM

<br />

venres, 1 abr 2011
O Pleno do Concello, na sesión ordinaria do vinte e oito de febreiro de 2011 adoptou o seguinte acordo:
Primeiro.- Iniciar o estudo da modificación nº 5 do PXOM, derivada do trazado definitivo do acceso do AVE no ámbito comprendido por todos os terreos que forman parte tanto do sistema xeral ferroviario que se suprime, como da autopista AP-9, e dos ámbitos, APR A-5-38 Canadelo, APR A-5-34 Montecelo Alto 1, APR A-5-32 Travesía Coutadas, APR A-5-28 Flores, APR A-5-26 Trobos, APR A-5-29 Frián, APR A-5-27 Amieiro, APR A-5-23 Robleda, APR A-5-20 Boán, APR A-5-24 Buxo, APR A-5-19 Balbarda, APR A-5-22 Buenos Aires, APR A-5-21 Xuncal, APR A-5-30 Paradela 1, APR A-5-14 Paradela, APR A-5-13 Trapa, APR A-5-08 Ferreira, APR A-5-09 Pingue, APR A-5-04 Ánimas.
Segundo.- Suspender a tramitación do planeamento nos ámbitos de solo urbano non consolidado APR A-5-38 Canadelo, APR A-5-34 Montecelo Alto 1, APR A-5-32 Travesía Coutadas, APR A-5-28 Flores, APR A-5-26 Trobos, APR A-5-29 Frián, APR A-5-27 Amieiro, APR A-5-23 Robleda, APR A-5-20 Boán, APR A-5-24 Buxo.
Terceiro.- Encargar aos servizos técnicos e xurídicos municipais a redacción da documentación e da tramitación de dita modificación
Cuarto.- Proceder á publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e nun periódico de maior difusión da provincia.