María Méndez salienta na apertura do curso "Manipulador de alimentos" a aposta pola formación do proxecto Redess
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, afirmou este venres na apertura do curso "Manipulador de alimentos" que proporcionar información e formación é un dos obxectivos do proxecto Redess, posto en marcha no 2010 para coordinar o traballo das asociacións que desenvolven a súa laboura no eido da exclusión social severa. "Afondar na formación dos voluntarios e voluntarias é unha forma de mellorar a calidade dos servizos que se ofrecen", asegurou a concelleira nacionalista.
María Méndez agradeceulle aos participantes no curso, un total de 35, o labor que desempeñan nas súas respectivas asociacións "por facer de Vigo unha cidade máis igualitaria", así como ao biólogo que o imparte, José Sanz, e ao equipo de Benestar Social. Destacou o acaído desta acción formativa sobre a manipulación de alimentos tendo en conta que moitas das persoas que asisten traballan no Banco de Alimentos ou nos diferentes comedores que existen na cidade.
A concelleira de Benestar Social explicou que o programa Redess naceu para impulsar coordinación entre as distintas asociacións relacionadas coa exclusión social, evitar que un mesmo servizo fora ofrecido por distintas entidades e fomentar as derivacións dunhas entidades a outras. "Foi empeño da Concellería de Benestar Social que se traballara en rede, porque cremos que é a forma máis eficiente de traballar", subliñou María Méndez.
Descargar todas as imaxes