A nova edición do "Camiña e coñece" partirá o domingo do poboado de O Castro para facer "A ruta da historia"
Os concelleiros de Cultura, Xesus López; Deportes, Xabier Alonso, e Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, presentaron este mércores unha nova edición do programa "Camiña e Coñece", que o vindeiro domingo 3 de abril percorrerá diversos puntos do centro da cidade que configuran "Vigo, a ruta da historia". Os concelleiros nacionalistas destacaron que o obxectivo desta iniciativa é poñer en valor o patrimonio cultural da cidade percorrendo a pé os seus barrios e parroquias e avanzaron que a nova ruta sairá do poboado castrexo de O Castro ás 10 horas.
Eudosio Álvarez explicou en que consistirá esta nova edición do "Camiña e coñece" e sinalou que varía respecto ao primeiro programa organizado nesta lexislatura, que percorreu o Casco Vello e o Ensanche debido á "acción do goberno municipal feita polas áreas coordinadas pola Tenencia de Alcaldía". Destacou que se visitarán os espazos "recuperados para a cidadanía", partindo do poboado de O Castro; posteriormente baixarase polo castelo de San Sebastián ata o pazo de Arias Taboada, no que está ubicada a nova Pinacoteca.
O concelleiro de Patrimonio Histórico avanzou que a ruta inclúe tamén unha visita ao Paseo de Alfonso, onde este domingo terá lugar a feira de artesanía, a rúa Real, a Praza da Pedra, e unha breve incursión no Ensanche, para rematar ás 13 horas na Porta do Sol, onde se agasallará aos participantes cun refrixerio. "É difícil facer un percorrido urbano máis atractivo dende o punto de vista histórico e cultural", asegurou o nacionalista.
Xabier Alonso destacou que esta ruta "pecha o círculo" aberto na primeira edición do programa. Tras agradecer as verbas do concelleiro de Patrimonio Histórico por consideralo como a "alma mater" da iniciativa, asegurou que os verdadeiros impulsores do programa foron as asociacións culturais de cada barrio e parroquia. "Os concelleiros do BNG só puxemos o programa a disposición da cidadanía", afirmou. Segundo o concelleiro de Deportes, o "Camiña e coñece" pretende que a cidade se quixera máis a si mesma e se coñecera mellor. Tras a celebración dos dez percorridos anteriores afirmou que "este obxectivo está cumprido".
O concelleiro de Cultura manifestou que o "Camiña e coñece" é unha iniciativa transversal organizada polas concellerías que coordina a Tenencia de Alcaldía. que ten o obxectivo de "difundir o patrimonio cultural de Vigo mediante un hábito tan saudable como é camiñar". Fixo un repaso polas anteriores edicións e lembrou que dende a súa posta en marcha no 2007, xa percorreu o Casco Vello e o Ensanche, o paseo do Lagares, as mámoas de Candeán, a ruta da costa dende Bouzas a Toralla, as Letras Galegas, e as parroquias de Valadares, Zamáns, Saiáns e Bembrive e Teis.
"Todos os percorridos foron un éxito de participación", asegurou Xesus López. Ao seu xuízo, isto é debido a que é un programa gratuíto para o que non é preciso facer inscrición previa e está "pensado para todos e destinado para as persoas de calquera idade". Neste sentido, Xabier Alonso, en resposta aos medios, aclarou que o número de participantes oscilou entre os 300 e os 500. Sinalou que nalgúns a organización viuse desbordada, como no percorrido polas mámoas de Candeán, no que foi preciso dividir as 500 persoas participantes en tres grupo.
Descargar todas as imaxes