Escoitar

O alcalde convocará a Moaña e Cangas para propor unha "formula que garanta o abastecemento" de auga ao Morrazo "sen romper" Vigo

Abel Caballero convocará aos seus homólogos de Moaña e Cangas para proporlles unha "fórmula que garanta o abastecemento" de auga ao Morrazo "sen romper" Vigo, que pasaría por "duplicar" o emisario submariño, onde atópase "o problema real" polas dificultades que presenta a solución das avarías. Esta opción aseguraría o "caudal máximo" de auga ao Morrazo e evitaría "romper" a cidade de Vigo.

martes, 29 mar 2011
1301402199Imagen010.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, convocará aos rexedores de Moaña e Cangas para proporlles unha "fórmula que garanta o abastecemento" de auga ao Morrazo "sen necesidade de romper a cidade de Vigo".

Caballero explicou que, á falta de pechar a data concreta da reunión, a opción viguesa pasaría por "duplicar" o emisario na súa parte submariña -garantindo así o "caudal máximo"- pois é onde está "o problema real" xa que as avarías tardan "días" en arranxarse. No emisario terrestre as reformas solvéntanse en "dúas horas", segundo explicou.

"A nosa vontade está en resolver todos os problemas de abastecemento de Cangas e Moaña", apuntou o rexedor vigués, "pero o queremos facer con respecto a esta cidade", tras o que criticou a "actuación mal trazada" da Xunta de Galicia que deixa "deteriorada" a Vigo, pero que "non vai enturbiar" as relacións entre os tres municipios.

Preguntado polos medios de comunicación, o alcalde vigués certificou "sen ningunha dúbida" que esta cuestión estará solventada antes do verán, data onde habitualmente xurden os problemas de abastecemento no Morrazo.
Descargar todas as imaxes