O Concello colaborará cos químicos na divulgación da súa aportación aos sectores económicos estratéxicos da cidade
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes ao Decano do Colexio de Químicos de Galicia, Antonio Macho, a cooperación municipal na celebración dos días 10 e 11 de novembro do Día da Química, onde o colectivo profesional ocupará as rúas de Vigo para divulgar entre a cidadanía o papel deste sector no naval, a farmacia ou a automoción. O Concello tamén colaborará co Colexio no congreso que terá lugar este verán con 250 químicos de Galicia e do norte de Portugal.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, comprometeu este martes o respaldo municipal ás xornadas de divulgación da profesión que o Colexio de Químicos de Galicia prevé realizar na cidade os días 10 e 11 de novembro.
O Colexio, que ten a súa sede en Vigo, proxecta dúas accións para as que contará co apoio do Concello: por unha banda a organización dun congreso este verán coa presenza de 250 químicos procedentes de Galicia e do norte de Portugal e, en segundo lugar, a celebración destas xornadas en novembro para divulgar entre a cidadanía o papel que xoga a química en sectores económicos e industriais estratéxicos para Vigo como o naval ou a automoción.
O alcalde definiu á química como "unha das grandes industrias desta cidade" pola súa participación na pesca, o automóbil ou o sector farmacéutico e garantiu unha "forte colaboración" do municipio neste evento de divulgación. Segundo indicou Caballero, o Colexio prevé "ocupar" o centro de Vigo nos dous días de novembro para explicar á cidadanía a achega da química á sociedade.
Descargar todas as imaxes