Xesus López di que a participación no XIII concurso de piano "Ría de Vigo" bate récords con 50 inscricións
O concelleiro de Cultura, Xesus López, participou este luns na presentación do concurso de piano "Ría de Vigo", que se celebrará os días 1, 2 e 3 de abril, nos salóns do Real Club Náutico e no Auditorio Municipal. Segundo destacou o concelleiro nacionalista, a participación nesta decimoterceira edición do certame bate todos os récords, con 50 inscricións rexistradas.
Xesus López destacou que este concurso de piano cumpre dous obxectivos fundamentais. Ao seu xuízo, por unha banda é un "trampolín de luxo" para que os novos valores teñan a posibilidade de lanzarse nun mundo tan complexo como o musical. Ademais, asegurou que tamén permite que os amantes do piano poidan acceder a interpretacións de piano "de gran calidade".
"Temos que conseguir que este concurso siga medrando ata convertirse nunha referencia ineludible", manifestou. O concelleiro de Cultura expresou os seus parabéns ao Real Club Náutico "porque propiciou o seu nacemento e o seu mantemento a través dos anos".
O delegado do R. C. Náutico para as actividades culturais, Antonio Amaro, destacou que este ano o concurso "inicia unha nova fase", ao ser organizado conxuntamente pola Concellería de Cultura e o Náutico. Asegurou que xa é un dos referentes nos certames de piano de ámbito peninsular. Neste sentido, o director artístico do concurso, José Manuel Fernández, deu conta das particularidades do evento. Sinalou que a proba final da categoría senior celebrarase con orquestra, "algo que só acontece en catro concursos en España e un en Portugal".
Ademais, indicou que na categoría infantil suprímese a fase eliminatoria "porque todos os concursantes son moi bos" e inclúese un recital de 15 minutos de cada un dos participantes, entre os que o xurado concederá tres mencións honoríficas. O director en Vigo do Instituto Camoes, Samuel Rego, salientou o "espírito do concurso", baseado na internacionalidade e a paixón pola música, en especial dos máis novos e novas.
Descargar todas as imaxes