Escoitar

Caballero asegura que o novo Auditorio Mar de Vigo contribúe á toma de "conciencia de cidade" dos vigueses

O alcalde de Vigo deu este martes a "noraboa a toda a cidade" pola apertura a pasada fin de semana do novo Auditorio Pazo de Congresos "Mar de Vigo", en Beiramar, "un éxito absoluto" culminado polo concerto de Luz Casal que ven sumar á "conciencia de cidade" dos vigueses. Abel Caballero recordou que trátase do maior Auditorio de Galicia e foi sufragado "na súa práctica totalidade" pola cidade.

martes, 29 mar 2011
1301402163auditorio.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este martes que a apertura do novo Auditorio Pazo de Congresos "Mar de Vigo" ven contribuir á "conciencia de cidade" dos vigueses.

En declaracións aos medios, Caballero valorou que hoxe "Vigo é consciente da súa importancia, do papel que ocupa en Galicia e en España" e esta nova dotación cultural e congresual ven sumarse a este proceso de toma de conciencia colectiva.

O primeiro edil cualificou a inauguración da pasada fin de semana como "un dos grandes fitos que houbo nesta cidade nos últimos anos", xa que o de Vigo é o maior auditorio de Galicia e será "moi importante na vida da cidade".

Para Caballero o concerto que ofreceu Luz Casal o pasado domingo foi "a proba con fogo real" do funcionamento desta nova infraestrutura, espectáculo que definiu de "éxito absoluto".

O alcalde concluíu dando a "noraboa a toda a cidade" pola apertura do "Mar de Vigo", que foi financiado "na súa práctica totalidade" pola urbe -entre a empresa concesionaria e o Concello-, pese a que "todos" os de Galicia foron "financiados por fondos públicos e masiva e maioritariamente desde a Xunta".
Descargar todas as imaxes