A Orquestra e o Coro Vigo 430 interpretan mañá mércores no Auditorio Municipal un programa que inclúe obras de Schubert e Mozart
O Auditorio Municipal acolle mañá mércores, ás 20.30 horas, a actuación da Orquestra e o Coro Vigo 430, no marco do programa estable de artes escénicas que organiza a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. O concerto terá a Alejandro Garrido como director da Orquestra e a Marta Sancho como directora do Coro. O prezo das entradas é de 5 euros e pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.
A Orquestra Vigo 430 foi creada no ano 2005 como "Ensemble Vigo 430", e na actualidade está formada na súa maioría por músicos profesionais que se completan con moitos dos máis brillantes expoñentes da prolífica canteira musical de Vigo. O seu elenco vai dende os 14 músicos da pequena orquestra de cámara, necesaria para abordar o repertorio barroco, e outra integrada por 43 músicos que compoñen a formación sinfónica, baixo a xestión de Javier Escobar e a dirección artística de Alejandro Garrido.
O programa da actuación de mañá inclúe a Sinfonía número 8 en Si menor D.759 "Inacabada", de Franz Schubert e o Requiem de Wolfgang Amadeus Mozart. A programación completa da Concellería de Cultura pódese consultar en www.vigocultura.org.