Presentación do "Dicionario de surrealismo e surrealistas" no Verbum
O Museo Verbum xunto coa Fundación Eugenio Granell e Edicións A Nosa Terra presentan o martes 29 de marzo ás 19.30 horas a obra de Xesús González Gómez "Dicionario de surrealismo e surrealistas".
O surrealismo foi un movemento artístico, político e cultural que marcou ás vangardas do século XX. Os seus posicionamentos ante a arte, a literatura e a cotidianidade aniñaron con fortaleza en propostas posteriores ata concretar influencias que hoxe son recoñecidas por historiadores, sociólogos e filósofos. As súas principais figuras son igualmente senlleiras personalidades do século pasado. Mereceron e seguen a merecer recoñecementos, restauracións biográficas, publicacións e mostras conmemorativas e recuperadoras.
Todos estes procesos, desde os fundacionais aos de esplendor, desde a historiografía á recepción actual, están presentes nesta ampla obra preparada por Xesús González Gómez que afonda na súa obras tanto no surrealismo como nos homes e mulleres que formaron parte do seu desenvolvemento ao longo do século XX.
O libro nace co-editado por Edicións A Nosa Terra e a Fundación Eugenio Granell. "Dicionario de surrealismo e surrealistas" é unha contribución decisiva sobre este movemento desde o punto de vista editorial. A importancia da súa publicación en Galicia vén dada pola presenza no noso tecido cultural da Fundación Eugenio Granell, institución dedicada á figura que máis nidiamente emparenta Galicia co surrealismo.
O autor
Xesús González Gómez (A Rúa, 1950) é un acreditado especialista internacional no movemento surrealista. Ten publicado os libros:
"Antoloxía da poesía surrealista francesa" (1981)
"Manifestos das vangardas europeas" (1995)
"Teatro e surrealismo" (1999)
"Ecos da batalla cotiá. Dlecaraciones políticas surrealistas" (2004)
"Manifesta Galiza. Manifestos na literatura galega do século XX" (2006)
Tradutor e novelista desenvolve a crítica literaria en distintas publicacións galegas.
Descargar todas as imaxes