VigoZoo asina un convenio de colaboración co santuario de primates de Lwiro, no Congo
O organismo autónomo, dependente da Concellería de Medioambiente que dirixe a socialista Chus Lago, aporta un financiamento de 3.000 euros. Procúrase coa iniciativa potenciar proxectos de conservación ben desenvolvendo programas de cría "in situ" ou achegando fondos a programas específicos.
O organismo autónomo VigoZoo ven de asinar un convenio de colaboración coa ONG Coopera, adicada a desenvolver distintos proxectos de conservación nos que se atopa a xestión do Santuario de Primates de Lwiro, na República Democrática do Congo.
A participación de Vigozoo en proxectos de conservación é unha das prioridades da entidade, ben desenvolvendo programas de cría "in situ" ou ben achegando fondos para desenvolver proxectos similares aos levados a cabo na República Democrática do Congo. De feito o director executivo da ONG, David Chimeno, estivo en Vigo onde valorou a importancia do traballo que están a levar a cabo para a protección da biodiversidade do país.
O Santuario está dirixido pola prestixiosa veterinaria española Carmen Vidal e a súa misión é brindar a mellor atención posible aos primates orfos da zona de Kivi Sur traballando na protección destas especies e da súa biodiversidade. A ferramenta principal é a educación e o seu obxectivo é reintroducir o meirande número de individuos posibles no Parque Nacional Kahuzi-Biega, ao leste da República Democrática do Congo.
Grazas a esta colaboración coa ONG Coopera o pasado mes de xaneiro a primatóloga Carmen Vidal ofreceu unha charla no Auditorio do Areal para dar a coñecer os retos diarios aos que se enfrontan no refuxio de conservación. Na conferencia, Vidal abordou tamén as melloras experimentadas polos residentes grazas a adicación dun equipo integrado por máis de 30 traballadores.
Para a concelleira de Medioambiente, Chus Lago, esta é unha demostración máis da "aposta do zoolóxico vigués pola conservación das especies". Neste senso, a edil destacou a colaboración que se está a levar a cabo con outras organizacións así como "o desenvolvemento de programas de cría en cautividade in situ -coma sucede co voitre Vigo, co orix, a tartaruga autóctona, a salamandra...- ou a colaboración con ONGs adicadas a conservación ex situ", indicou.
Descargar todas as imaxes