O concelleiro de Cultura presenta o Circo dos Horrores, que dirixido ao público xuvenil, estará en Vigo do 14 ao 24 de abril
O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este mércores o Circo dos Horrores, que estará instalado en Samil do 14 ao 24 de abril. O concelleiro nacionalista salientou que é unha proposta na que se misturan "teatro, cabaré e circo" que terá lugar todos os días ás 19 e 22 horas, agás os domingos, que as funcións serán ás 17 e ás 20 horas.
Xesus López explicou que o circo ten vivido "fondas transformacións" dende os seus inicios ata a actualidade, no que se concibe como un "espectáculo global cunha complexa posta en escena e un fío condutor". Salientou que o Circo dos Horrores, dentro desta concepción, é un "novo concepto de circo cargado de orixinalidade" que recrea un cemiterio gótico abandonado e no que Nosferatu da a benvida. O nacionalista sinalou que ao longo do espectáculo trasládase ao público a diferentes películas, como "O baile dos vampiros" ou "A nena do exorcista", entre outras.
O produtor do espectáculo, Manuel González Villanueva, un dos responsables de que viñera a Vigo o Circo Acuático hai dous anos, agradeceu á Concellería de Cultura o seu apoio na "aposta pola calidade". Asegurou que nesta liña apostan por "novos produtos e novas historias" como son estas dúas propostas. Respecto ao Circo dos Horrores indicou que aínda que está enfocado para un público entre 16 e 40 anos "atopámonos con familias con nenos de 10 ou 12 anos ou persoas maiores de 60".
O director do circo e un dos seus protagonistas, Suso Silva, explicou que a fusión entre teatro, circo e cabaré vén dada porque hai un "fío teatral condutor definido" que desenvolve un "show noctámbulo cunha posta en escena e personaxes impactantes". Engadíu ademais que utilizan técnicas de circo "para contar as nosas historias" e destacou que é "moi, moi divertido, pero non violento nin agresivo". Segundo explicou, o comentario que fixo unha muller ao rematar o espectáculo resume perfectamente o que é: "nunca rin tanto pasando tanto medo". Entre os número que inclúe o espectáculo citou un de contorsionismo executado por dúas artistas de Mongolia e outro que integra acrobacias e vudú de Kenia.
Descargar todas as imaxes