Santi Domínguez destaca a importancia que terá para Vigo a previsión do aumento da organización de eventos no 2011
O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, presentou este martes o estudo de mercado sobre turismo de eventos 2011 realizado polo Grupo Eventoplus, segundo o cal a previsión é que amente a organización de eventos pese a que disminúe o orzamento. O nacionalista destacou a importancia de coñecer o resultado do estudo "como un paso máis na aposta por potenciar o sector turístico", especialmente coa creación hai ano e medio do Vigo Convention Bureau.
Santi Domínguez explicou que o Grupo Eventoplus é un dos grupos empresariais máis importantes do Estado no sector de eventos que anualmente elabora un estudo para analizar a situación do sector e permitir aos profesionais "definir as súas propias estratexias". Lembrou que o estudo de 2001 xa foi presentado en Madrid e Barcelona e que dende o Vigo Convention Bureau "quixemos que tivérades a oportunidade de coñecelo", comentou.
O tenente de alcalde destacou que o turismo vai camiño de se converter no terceiro sector da cidade, segundo os últimos datos económicos. Ao seu xuízo, neste proceso está a xogar un papel moi relevante o turismo de congresos e incentivos e tamén a organización de grandes eventos. Ao respecto salientou a aposta que se está a facer dende a Concellería de Turismo para que Vigo sexa sede de grandes deportivos e culturais, entre os que mencionou a Copa do Rei de Balonmán, que se celebrará este fin de semana e reunirá a máis de 1.500 persoas en Vigo.
O nacionalista puxo en valor, por outra banda, que o sector turístico deixará ao longo de 2011 un retorno económico na cidade de 8 millóns de euros. Afirmou que para acadar esta cifra foi fundamental a posta en marcha do Vigo Convention Bureau. "É unha cifra moi significativa nunha época de crise económica, polo que habería que estudar cantos sectores xerarían este retorno económico en tan pouco tempo", apuntou o nacionalista.
"Con esta iniciativa imos avanzando na boa liña, polo que quero pedirvos que sigamos colaborando na potenciación do turismo", manifestou o tenente de alcalde, dirixíndose aos asistentes á presentación, nos que se atopan representantes de todas as empresas relacionadas co sector.. Destacou a necesidade, no contexto actual, de seguir desenvolvendo accións formativas deste tipo e que o estudo permita aos profesionais da cidade establecer estratexias axeitadas para o crecemento do sector.
O director xeral do Grupo Eventoplus, Erik Mottard, salientou a inquedanza de Vigo para posicionarse como destino "na cabeza dos organizadores de congresos e eventos", no que apuntou que existe unha gran competencia. Sinalou que resultados do estudo correspondente a 2011 amosan que o conservadurismo e a crise "frean a renovación do sector". Explicou que a tendencia é a que medre a realización de eventos, recuperando moitos que se deixaron de facer en anos anteriores, pero o orzamento destinado é menor. Neste sentido Mottard indicou que o descenso do orzamento das empresas situouse no 4%, mentres que as axencias incrementáronno nun 9% e os proveedores nun 2%.
Respecto ao aforro das empresas indicou que foi posible debido á redución de extras, o menor gasto en luxos, a realización de eventos máis preto e máis curtos. Mottard sinalou que reducir o número de eventos e de participantes foi a maneira menos utilizada de reducir costes, xa que as empresas danse conta da importancia de conectar cos seus empregados e clientes. A celebración de eventos virtuais, en sustitución dos presenciais ou a celebración de eventos multisede foi outra das medidas adoptadas polas empresas para potenciar o aforro. Como dato positivo salientou a recuperación dos mercados internacionais, entre os menciounou Alemaña, Francia, Gran Bretaña, Estados Unidos e países emerxentes como Brasil, China e India.
Descargar todas as imaxes