Escoitar

O alcalde cifra en 500 postos de traballo a oferta de emprego que ten en marcha o Concello

Abel Caballero informou hoxe luns da resolución adoptada na Xunta de Goberno Local para ofertar 32 novas prazas dentro da Oferta de Emprego Público do Concello de Vigo correspondente a 2008. O total desta convocatoria suma 157 empregos, aos que súmanse 74 máis da oferta municipal de 2011 e outros 200 do programa municipal UTIL.

luns, 4 abr 2011
1301920001Imagen010.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que o goberno local ten en marcha unha oferta de emprego actual para crear 500 postos de traballo.

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a resolución para ofertar a terceira tanda correspondente á oferta de emprego municipal de 2008, 32 novos postos de traballo que en total ascenderán a 157 en toda a convocatoria.

Xunto á oferta de emprego público de 2008, o goberno local tamén ten en marcha a de 2011, que sumarán outros 74 postos de traballo, e a contratación do UTIL -programa da Concellería de Promoción Económica e Emprego- que empregará a unhas 200 persoas máis.

"Neste momento están en creación aproximadamente quinientos empregos na cidade de Vigo", aseverou Abel Caballero, quen reclamou da Xunta de Galicia que "fixera algo semellante" porque hoxe en día non hai proceso autonómico de emprego na cidade, segundo denunciou.
Descargar todas as imaxes