venres, 8 abril 2011

Abel Caballero adianta que a sinatura do convenio para a xestión do albergue é "inminente"

O alcalde asegurou que "creo que a semana que vén vaise asinar o convenio" para xestionar o albergue para persoas sen teito de Vigo, que estará ubicado na Praza do Berbés. Indicou Caballero que o proceso está no "trámite administrativo do Concello" e na "liberación dos fondos" para rubricalo, e enviou unha mesaxe de tranquilidade á cidadanía porque "vigo vai ter un gran centro de inclusión social para as persoas en teito" que será xestionado por "profesionais" do sector.

O alcalde avoga por "cooperar e colaborar" coa automoción viguesa nos seus proxectos de I+D+i

venres, 8 abr 2011

Abel Caballero visitou este venres as instalacións da empresa de compoñentes da automoción MGI Coutier España, ubicada no Polígono do Caramuxo onde traballan máis de 350 persoas. Esta compañía é provedora de pezas metálicas e plásticas para marcas como PSA, Renault, General Motors ou Toyota, entre outras. O primeiro edil ofreceuse a intermediar co Ministerio de Industria nos proxectos da automoción viguesa de I+D+i.

María Méndez traslada ao alumnado de Salesianos a importancia de "dicir non" no inicio da xornada "Eu son eu"

venres, 8 abr 2011

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentou este venres a xornada de prevención das drogodependencias "Eu son eu", dirixido a nenos e nenas de 12 anos. No transcurso do acto, a edil nacionalista transmitiu aos alumnos e alumnas de 6º de Primaria do colexio Salesianos a importancia de promover hábitos saudabeis e "saber dicir non" ante as diversas situacións que cada un e cada unha debe afrontar na nenez e na adolescencia.

O alcalde presentou co Ministerio de Cultura a nova mostra de Michael Lin no Museo de Arte Contemporánea de Vigo

venres, 8 abr 2011

Abel Caballero e Begoña Torres, vogal do Ministerio, participaron este venres na rolda de prensa de presentación de "Hotel MARCO", a nova mostra de Michael Lin xunto con rvr Arquitectos, que ábrese hoxe no MARCO de Vigo. O Espazo Anexo do centro reinvéntase e vive a súa maior transformación dende a súa apertura no ano 2004 como sala de proxectos, dando inicio a un novo período con esta proposta, que consiste en transformar o lugar nun cuarto de hotel con distintos usos.

Caballero presenciou unha sesión de formación para adultos en educación viaria que imparte a Policía Local

venres, 8 abr 2011

O alcalde de Vigo acudiu este venres ao CEIP Ramón y Cajal para asistir aos cursos de formación para adultos da Policía Local, co obxectivo de mellorar a seguridade, reducir a siniestralidade e a gravidade das lesións, potenciar hábitos de saúde responsables e que a educación viaria dos adultos sirva de exemplo para os máis pequenos. A formación versa sobre o alcol e as súas consecuencias na conducción, a sinalización e qué facer en caso de accidente.

Iolanda Veloso anuncia que a primeira Escola Feminista celebrarase do 11 ao 14 de abril na Casa das Mulleres

venres, 8 abr 2011

A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este venres a primeira edición da Escola Feminista "Centros e periferias", que terá lugar na Casa das Mulleres do 11 ao 14 de abril, de 19 a 21 horas, organizada pola ONG Implicadas no Desenvolvemento. A concelleira nacionalista destacou que o obxectivo desta iniciativa é proporcionar un espazo de coñecemento e debate no que as persoas que se moven no mundo da cooperación poidan ampliar as bases do seu traballo dende unha óptica feminista plural.

A segunda edición do percorrido "Vigo: a ruta da historia" celebrarase mañá sábado dende o poboado castrexo do Castro

venres, 8 abr 2011

O éxito acadado pola proposta "Vigo: a ruta da historia", que congregou a máis de 200 persoas o pasado domingo para coñecer lugares emblemáticos da cidade, propiciou a convocatoria de novos percorridos para os vindeiros meses. Segundo anunciou o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, a primeira destas visitas guiadas terá lugar mañá, 9 de abril, e sairá dende o poboado do Castro ás 11 horas.

O Auditorio Municipal propón un concerto conmemorativo de Noitarega e un espectáculo de maxia para este fin de semana

venres, 8 abr 2011

A programación que a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural organiza no Auditorio Municipal propón para este fin de semana dúas actuacións ben diferentes. Mañá, 9 de abril, celebrarase ás 21 horas un concerto de Noitarega, no que presentarán o repertorio do seu novo traballo "XXI". O domingo, ás 18 horas, terá lugar un espectáculo de maxia para todos os públicos a cargo do Mago Rafa. Para asistir ao concerto, o prezo das entradas é de 5 euros, mentres que para a función de maxia custan 3 euros para os nenos e nenas até 12 anos e 5 euros para os maiores; nos dous casos pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.