O alcalde anuncia unha oferta de solo municipal para construir 500 vivendas protexidas a través de cooperativas de particulares
Abel Caballero remitiu á próxima semana para concretar as características da oferta, pero xa adiantou que os interesados poderán inscribirse a título individual, tras o que conformaranse as cooperativas que leven adiante as vivendas "libres de calquera tipo de especulación". O socialista explicou que as parcelas están distribuídas "por todo Vigo" e permitirán edificar sobre 500 pisos, co que o Concello "responde á demanda de vivendas de promoción a prezos moi alcanzables".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe xoves o inicio da tramitación para ofertar solo de titularidade municipal adicado á construcción de 500 vivendas a prezo taxado mediante cooperativas de particulares.
En rolda de prensa, o rexedor vigués indicou que o goberno local publicará o listado dos solares públicos -distribuídos "por todo Vigo"- que destinaranse a vivendas protexidas, e emprazou ata a próxima semana para coñecer os detalles do proceso. Caballero si revelou que os interesados poderán inscribirse nun rexistro de "particulares" que servirá de base para crear as cooperativas que impulsarán os pisos protexidos.
Abel Caballero aclarou que o Concello de Vigo cederá os terreos tal e como contempla a lexislación para estos casos, cunha venda de solo a prezo público atendendo aos usos sociais do mesmo. O alcalde asegurou que esta medida "responde á demanda de vivendas de promoción a prezos moi alcanzables".
Esta iniciativa en materia de vivenda asequible do goberno local súmase á saída en aluguer de 35 pisos do Concello de Vigo en Navia, tamén a prezo taxado e co prazo de inscripción xa aberto, e ao propio desenvolvemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que ten iniciado máis de 40 ámbitos urbanísticos que acollerán máis de 10.000 vivendas con algún tipo de protección.
Descargar todas as imaxes