Escoitar

Caballero recibiu a unha decena de estudantes de Birmingham de intercambio en Vigo

O alcalde de Vigo recibiu este xoves a unha decena de estudantes de entre 14 e 16 anos de idade procedentes de Birmingham, no Reino Unido, que atópanse en Vigo por un programa de intercambio co Colexio Carmelitas de Vigo. Os alumnos poideron coñecer o Concello de Vigo, a sala de prensa, o Salón de Plenos e a sala de regulación de tráfico, entre outros departamentos.

xoves, 7 abr 2011
1302179814escolares.jpg
Os dez estudantes ingleses acudiron ao Concello acompañados por outra decena de alumnos do colexio María Inmaculada da cidade, xunto con tres profesores do centro escolar.
Descargar todas as imaxes