Comeza o ciclo de charlas sobre mulleres de discurso feminista "Mulleres con historia"
Hoxe xoves comenza o ciclo de charlas sobre mulleres con discurso feminista programado polo Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. Ás 19 horas Encarna Otero falará sobre "Olimpe de Gouges" (Montauban, Francia, 7 de mayo de 1748 - París, 3 de noviembre de 1793) escritora,dramaturga, e política francesa, autora da Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá (1791).
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, salientou na rolda de prensa de presentación do ciclo que as actividades propostas enmárcanse nas actuacións do IV Plan integral de igualdade de oportunidades de mulleres e homes do Concello de Vigo. Lembrou que o Centro de Recursos Feministas foi aberto hai un ano para ofrecer un servizo de xestión de información, documentación e materiais de traballo sobre muller, xénero e igualdade.
O ciclo de charlas sobre mulleres de discurso feminista "Mulleres con historia", terá lugar os xoves do 7 ao 12 de maio, e nelas falarase de Olimpe de Gouges, Mary Wollstonecraft, Urania Mella e María Barbeito.
O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo está nas dependencias da Biblioteca Pública Central, na rúa Joaquín Yáñez 6,2º.