María Méndez di que 24 asociacións ofrecen os cursos de Avellentamento Activo, exemplo da política transformadora
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitou este martes o curso de Risoterapia do programa de Avellentamento Activo que se está desenvolvendo no Centro Cívico do Casco Vello. A concelleira nacionalista amosou a súa satisfacción pola boa acollida que está a ter esta iniciativa, que considerou exemplo das políticas transformadoras postas en marcha polo BNG, xa que o programa de Avellentamento Activo desenvólvese actualmente en 24 asociacións veciñais de Vigo.
"Como concelleira de Benestar Social é un pracer comprobar o resultado de facer políticas transformadoras, conseguindo sacar aos nosos maiores das súas casas e que se sintan felices e contentos", comentou María Méndez. A nacionalista salientou que en total se imparten 7 cursos, ente os que mencionou danzas do mundo, saúde e benestar e memoria entre outros, e nos que participan máis de 400 persoas.
María Méndez sinalou que ao programa de Avellentamento Activo únense outras iniciativas como o Outono Cultural, Viaxa e Coñece, que xa inclúe visitas á Pinacoteca da cidade, o programa de Balnearios e as Actividades Interxeneracionais, que teñen lugar nas prazas públicas da cidade ao longo do verán. Sinalou que en total estas propostas suman máis de mil participantes. "Trátase de devolver a estas persoas o esforzo que fixeron ao longo da súa vida e que as administracións públicas sigan apostando polos nosos maiores", afirmou.
Descargar todas as imaxes