Preto de 600 persoas participaron esta fin de semana en actividades da Concellería de Medioambiente
As rutas do "Camiño a Camiño" viaxaron ao Morrazo e a Cova do Rei Cintolo. O programa segue a recoller éxitos cunha participación masiva nas rutas previstas pola concellería da socialista Chus Lago. O zoolóxico vigués acolleu esta fin de semana un curso de conservación no que participaron 50 persoas.

Cerca de 600 persoas participaron esta fin de semana en distintas actividades organizadas pola Concellería de Medioambiente que dirixe a socialista Chus Lago. Neste sentido o programa "Camiño a Camiño" segue a recoller éxitos coa participación masiva de cidadáns interesados nas rutas programadas por este departamento.
Desta volta estímase que preto de 500 persoas realizaron a Ruta completa ao Morrazo que partiu este domingo da dársena da Laxe e coa que se pretendeu que os camiñantes coñezan a zona costeira do Concello de Cangas do Morrazo, obtendo tamén unha visión diferente do municipio de Vigo dende o outro lado da ría.
A senda, de aproximadamente 20 quilómetros (ida e volta), atravesa algunhas das praias máis significativas do Morrazo coma Areamilla, Santa Marta, Liméns e Nerga, permitindo coñecer a riqueza biolóxica desta zona intermareal. A visita incluíu a viaxe en barco de ida e volta e dado que ocupou practicamente toda a xornada, incluíu unha parada para xantar.
Dáse a circunstancia de que a mesma hora en que os participantes nesta ruta partían do porto vigués cara ao Morrazo, un grupo de 50 persoas que realizan o "Primeiro curso de Xestión e Conservación en Galicia" colleron o barco cara ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas. Este curso, organizado por Vigozoo, pretende afondar na situación actual da xestión e conservación da flora e fauna na Comunidade Galega en particular e na Península Ibérica en xeral. No mesmo déronse a coñecer os programas de manexo e xestión de diversas especies, a problemática ambiental, os efectos das especies invasoras e os programas de actuación específicos "in situ", entre outros.
COVA DO REI CINTOLO
Así mesmo o domingo ás 08:30 da mañá partiu o grupo de 40 persoas cara a Cova do Rei Cintolo; unha actividade organizada este ano por primeira vez pola Concellería de Mediomabiente que permite aos visitantes coñecer a importancia da cova máis grande de Galicia.
A Cova ten máis de 7500 metros de lonxitude e posúe unha riqueza xeolóxica e biolóxica moi importante, ademais das propias lendas que enriquecen a visita. Nesta ocasión de novo traballaron conxuntamente os departamentos de Educación de Vigozoo e o de Medio Ambiente da Concellería, pois a apertura do Nocturama no zoolóxico vigués é unha oportunidade magnífica para coñecer o hábitat natural dalgúns dos habitantes desta cova como son os morcegos, xéneros Rhynolophhus ou Myotis, entre outros.
Descargar todas as imaxes