mércores, 13 abr 2011
Abel Caballero recoñeceu este mércores ao ministro de Fomento, José Blanco, o compromiso adquirido onte en Ourense de licitar o próximo ano o traxecto de AVE que unirá directamente Vigo e a capital das Burgas por Cerdedo, unha vez estean rematados os proxectos básicos que actualmente redáctanse. O alcalde amosouse "satisfeito" da garantía dada por Fomento nun "tema moi serio" como a conexión directa de Vigo a Madrid en Alta Velocidade ferroviaria.
mércores, 13 abr 2011
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este mércores a quinta edición do Racingshow Novacaixagalicia, que se celebrará o 30 de abril no Ifevi. O nacionalista destacou que o evento reunirá a grandes figuras internacionais de rally, así como aos mellores pilotos galegos, de xeito que se consolida "como un escaparate para os nosos pilotos". Salientou tamén que nesta quinta edición o certame fai unha rebaixa nos seus prezos, para facilitar a asistencia de todos os públicos.
mércores, 13 abr 2011
O partido disputarase o próximo venres ás 20:45 horas no Pavillón das Travesas, con entradas a 3 euros, un encontro clave nas opcións dos celestes de acceder aos cuartos de final da Liga Nacional de Fútbol Indoor 2011. O alcalde e xogadores como Gudelj ou Ratkovic solicitaron o respaldo dos afeccionados nesta "importante" cita para o futuro do equipo na competición.
mércores, 13 abr 2011
O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este mércores a sexta edición do Festival Coral de Música Sacra que, do 14 ao 20 de abril, terá lugar en distintos espazos da cidade. Xesus López destacou que nestas datas próximas á Semana Santa terán lugar un total de 16 concertos interpretados por 19 corais de Vigo. A primeira das actuacións programadas será este xoves ás 19.45 horas na igrexa da Soledad no Castro, a cargo do Coro Clásico de Vigo.
mércores, 13 abr 2011
O xoves 14 terá lugar unha nova conferencia do Ciclo de Charlas programado polo Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. Ás 19 h. a profesora Mª Jesús Lorenzo Modia falará sobre "Mary Wollstonecraft" escritora inglesa (1759-1797) e unha das iniciadoras do pensamento feminista.
mércores, 13 abr 2011
A Concellería de Xuventude organiza os días 14 e 28 de abril e 5 de maio diferentes roteiros polo Vigo mariñeiro, co obxectivo de dar a coñecer á mocidade a relación da cidade co mar.