O goberno local destina 250.000 euros aos colexios para melloras dos centros públicos de infantil e primaria
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes da aprobación en Xunta de Goberno Local dun orzamento de case 250.000 euros para os colexios de infantil e primaria, que xestionarán directamente os directores dos centros para efectuar melloras nos mesmos. Ademais, o goberno local deu luz verde á incorporación de seis vehículos ao parque da Policía Local de Vigo.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe martes a decisión do goberno local de destinar case 250.000 euros aos consellos escolares dos colexios públicos de infantil e primaria para efectuar melloras nos centros.
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á partida orzamentaria, que permitirá a xestión directa do orzamento por parte dos centros educativos, tal e como acordou o alcalde co colectivo nunha reunión anterior.
Nesta entrevista plantexouse "conservar a autoxestión" desta partida, repartida entre os colexios, e facer directamente as obras precisas. Caballero sinalou que este programa "está a funcionar ben e os directores o aprecian". A petición dos propios centros, o alcalde anunciou que estudará a fórmula para ampliar a partida de cara ao próximo curso.
Policía Local
Caballero anunciou que seis vehículos que pasaron á propiedade municipal "ben por ser abandonados ben por outras razóns" uniranse ao parque móbil da Policía Local, tal e como acordou o goberno local. Detallou o primeiro edil que trátase de dous Audi, un VW, un Citroën, un Kia e un Fiat.
Descargar todas as imaxes