Xesus López anuncia a estrea do novo disco de Roi Casal "Maxicamente vello" mañá mércores no Auditorio Municipal
O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este martes o concerto que Roi Casal ofrecerá mañá, 13 de abril, ás 20.30 horas, no Auditorio Municipal. Xesus López destacou que o músico, ex compoñente de Berrogüeto, presentará o seu novo traballo discográfico "Maxicamente Vello". Para asistir ao concerto, o prezo das entradas é de 10 euros e pódense adquirir na taquilla unha hora antes do comezo da actuación e na web www.laboleteria.es.
"A programación do Auditorio Municipal coida ás músicas e aos músicos galegos, como é o caso de Roi Casal", asegurou o concelleiro. O nacionalista explicou que no seu novo traballo, Roi Casal fai unha proposta "máis achegada ao pop, co que demostra que a música galega non ten por que ser só folk". "Maxicamente vello" está integrado por 9 temas, a maioría compostos polo propio Roi Casal, e un deles un poema de Manuel María, precisamente o que lle dá nome ao disco.
Xesus Löpez indicou ademais que Roi Casal é un músico, compositor e cantante de gran virtuosismo, que entrou a formar parte de Milladoiro en 1998. Tras case unha década de carreira co grupo, na que grava seis discos, no ano 2008 inicia a súa carreira en solitario coa publicación de "Lendas Douradas", un dos discos máis vendidos durante o ano 2009 en Galicia, e do que tamén interpretará algúns temas no concerto de mañá.
"Tocar mañá en Vigo significa moito para min", afirmou Roi Casal na presentación do concerto. O músico expresou o seu agradecemento ao Concello de Vigo, e en particular ao concelleiro de Cultura por poder incluír Vigo na xira que o está levando a percorrer as cidades galegas, ademais de Barcelona, Madrid e Bruxelas. "Que as autoridades públicas aposten por algo feito aquí é de agradecer", comentou.
Descargar todas as imaxes