Escoitar
O alcalde participou esta fin de semana na presentación do libro "Cabral, olladas do pasado"

Cabral mira ao pasado coa presentación do libro que escolma 500 fotografías do último século

Xosé Manuel Álvarez Estévez achega un novo traballo de investigación, a través das imaxes, onde afloran escenas da vida cotiá desta parroquia. O libro é unha ferramenta ilustrativa composta por 500 fotografías do século pasado a través dun percorrido de 360 páxinas.

luns, 11 abr 2011
1302524595Dibujo.JPG
"Cabral, olladas do pasado" é o novo traballo de Xosé Manuel Álvarez Estévez que chega a través de máis de 500 fotografías para facer un percorrido polo pasado desta parroquia de Vigo. O alcalde, Abel Caballero, participou na presentación dun libro no que o autor pretende aportar o seu grao de area para reconstruír parte da memoria colectiva e coñecer mellor a historia de Cabral. Para elo Xosé Manuel Álvarez realizou unha compilación que non deixará indiferente a ninguén ao tratarse de imaxes que traen lembranzas, tanto persoais coma colectivas.

Tal e como subliña o propio autor, abrir as follas de "Cabral, Olladas do pasado" é "percorrer, por máis de 360 páxinas a vida da parroquia nos camiños do traballo, do asociacionismo, da tradición, do ocio, do transporte, da educación, da cultura, do deporte, da etnografía e da paisaxe". Para elo non dubidou en mergullarse na intimidade veciñal e por a disposición de todos escenas da vida cotiá dos veciños "a través de imaxes nostálxicas que nos mostran tal como éramos".

O fai ademais a través dunha linguaxe universal como é a fotografía e onde detrás da vida de cada unha das persoas retratadas escóndese parte da historia de Cabral. Precisamente o traballo de Xosé Manuel Álvarez permitiu que estes fragmentos pasaran ao papel e non caian no esquecemento. Xosé Manuel Álvarez é tamén autor do libro "Memoria dunha andaina deportiva", do 2009, que percorre os acontecementos mais salientables da historia da U.D. Santa Mariña e onde se amosan mais de 350 imaxes fotográficas.
Descargar todas as imaxes