martes, 12 abril 2011

O alcalde avogou por "apoiar e potenciar" á industria auxiliar de Vigo "para que sigan a desenvolver a súa creación de emprego"

Abel Caballero visitou este martes a empresa Herlayca, "empresa viguesa de altísima tecnoloxía que produce máquinas para fabricar pezas", onde defendeu respaldar á industria de compoñentes do naval e da automoción que opera en Vigo e está a solventar "francamente ben" a crise económica. As compañías que ven visitando o alcalde nas últimas semanas forman parte destas e suman 6.000 empregos na cidade.

Caballero revela o acordo do goberno da UNED que certifica a creación en Vigo do Centro internacional de Ensinanzas

martes, 12 abr 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo pública este martes a resolución do consello de goberno da Universidade Nacional de Educación a Distancia pola que aproba e certifica a creación en Vigo do Centro de Internacionalización de Ensinanzas, que ocupará 3.000 metros cadrados do Auditorio Pazo de Congresos "Mar de Vigo", segundo revelou o alcalde vigués. O de Vigo será un centro pioneiro e en exclusiva en España.

Santi Domínguez confirma a adquisición da Casa do Patín de Bouzas e anuncia que será biblioteca de proximidade

martes, 12 abr 2011

O tenente de alcalde e concelleiro de Cascos Históricos, Santi Domínguez, confirmou este martes a adquisición por parte do Concello da "emblemática" Casa do Patín de Bouzas, pechando así un proceso que se iniciou hai vinte anos. O nacionalista anunciou que "unha vez rehabilitada" destinarase á biblioteca e incorporarase á Rede de Bibliotecas Municipais de Proximidade, xunto á recentemente inaugurada en Martínez Garrido e a que se vai habilitar en Navia. O nacionalista adiantou que o obxectivo é que a execución da rehabilitación estea rematada a finais do vindeiro ano.

O goberno local destina 250.000 euros aos colexios para melloras dos centros públicos de infantil e primaria

martes, 12 abr 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes da aprobación en Xunta de Goberno Local dun orzamento de case 250.000 euros para os colexios de infantil e primaria, que xestionarán directamente os directores dos centros para efectuar melloras nos mesmos. Ademais, o goberno local deu luz verde á incorporación de seis vehículos ao parque da Policía Local de Vigo.

O Concello renderá unha homenaxe aos irmáns Veiga pola súa contribución á difusión do Medioambiente

martes, 12 abr 2011

O Centro Social de Novacaixagalicia acollerá mañá 13 de abril, ás 19:30 horas, un acto no que a Concellería de Medioambiente distinguirá o traballo dos espeleólogos vigueses, Constancio e Antonio Veiga, polo seu traballo a prol de divulgación no eido medioambiental. Chus Lago incidiu neste martes en que estas dúas persoas son as "grandes inspiradoras" do programa "Vigo, Camiño a Camiño".

Xesus López anuncia a estrea do novo disco de Roi Casal "Maxicamente vello" mañá mércores no Auditorio Municipal

martes, 12 abr 2011

O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este martes o concerto que Roi Casal ofrecerá mañá, 13 de abril, ás 20.30 horas, no Auditorio Municipal. Xesus López destacou que o músico, ex compoñente de Berrogüeto, presentará o seu novo traballo discográfico "Maxicamente Vello". Para asistir ao concerto, o prezo das entradas é de 10 euros e pódense adquirir na taquilla unha hora antes do comezo da actuación e na web www.laboleteria.es.