O alcalde avogou por "apoiar e potenciar" á industria auxiliar de Vigo "para que sigan a desenvolver a súa creación de emprego"
Abel Caballero visitou este martes a empresa Herlayca, "empresa viguesa de altísima tecnoloxía que produce máquinas para fabricar pezas", onde defendeu respaldar á industria de compoñentes do naval e da automoción que opera en Vigo e está a solventar "francamente ben" a crise económica. As compañías que ven visitando o alcalde nas últimas semanas forman parte destas e suman 6.000 empregos na cidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu hoxe martes "apoiar e potenciar" a industria de compoñentes do naval e da automoción "para que sigan a desenvolver a súa creación de emprego".
Abel Caballero, nunha visita á firma Herlayca, subliñou que "en Vigo hai unha industrai anexa ao naval e ao automóbil de altísima tecnoloxía, altísima capacidade de producción, que están a resolver francamente ben a crise cos seus propios recursos". "Temos que apoiar e potenciar" estas empresas, concluíu.
O percorrido desta mañá do alcalde pola factoría ubicada en Beade da continuidade á rolda de contactos establecida fai semanas coas empresas de compoñentes da cidade, que entre todas suman máis de 6.000 traballadores, explicou.
Herlayca é unha "empresa viguesa de altísima tecnoloxía que produce máquinas para fabricar pezas", con clientes nas industrias da electrónica e da automoción españolas e europeas. Caballero indicou que esta firma compite cos países máis desenvolvidos do mundo, como Alemania, Francia ou China.
Traballan á demanda do cliente e operan para PSA e Televés, entre outras, exportando o 40% da súa producción fundamentalmente á Unión Europea. Herlayca emprega a 30 traballadores "altísimamente cualificados", tal e como informou o rexedor vigués, que afirmou que "é excepcional atoparse cunha empresa así", enteramente viguesa, de investigación e tecnoloxía.
Abel Caballero apuntou á necesidade de "promoción" desta factoría, capaz de competir internacionalmente, e que mellorou os seus resultados con respecto ao exercicio anterior.
Descargar todas as imaxes