Caballero revela o acordo do goberno da UNED que certifica a creación en Vigo do Centro internacional de Ensinanzas
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo pública este martes a resolución do consello de goberno da Universidade Nacional de Educación a Distancia pola que aproba e certifica a creación en Vigo do Centro de Internacionalización de Ensinanzas, que ocupará 3.000 metros cadrados do Auditorio Pazo de Congresos "Mar de Vigo", segundo revelou o alcalde vigués. O de Vigo será un centro pioneiro e en exclusiva en España.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, revelou este martes o acordo adoptado polo consello de goberno da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) polo que aproba e certifica a creación do chamado "Centro de Internacionalización de Ensinanzas da UNED en Vigo".
Abel Caballero explicou que o certificado foi remitido polo Reitorado da Universidade e aclara que o consello de goberno da UNED en Madrid aprobou a creación deste centro internacional, unha sede que será pioneira e exclusiva de Vigo en España.
O alcalde de Vigo tamén aclarou que esta demandada dotación educativa viguesa irá emplazada no novo Auditorio Pazo de Congresos "Mar de Vigo", onde ocupará 3.000 metros cadrados. Establécese en Vigo "unha gran universidade de educación a distancia", apuntou.
O primeiro edil denunciou a "oposición feroz" da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra á UNED viguesa, tanto na aula para os cursos de acceso localizada no Casco Vello como neste centro internacional. "O vai facer o Concello", asegurou Caballero.
Descargar todas as imaxes