Preto de 1.000 persoas participaron esta fin de semana en actividades da Concellería de Medioambiente
As actividades da Concellería que dirixe a socialista Chus Lago fixeron posible que arredor de 165 nenos compartiran este sábado unha xornada medioambiental que se desenvolveu na praia do Vao. Unhas 65 persoas coordinaron as saídas ás Illas Cíes do sábado e do domingo que tiveron como novidade unha actividade con Kaiacs.
Un millar de persoas participaron esta fin de semana en diversas actividades que leva a cabo a concellería de Medioambiente, dirixida pola socialista Chus Lago. A primeira delas tivo lugar durante o sábado na praia do Vao, na que 165 rapazas e rapaces compartiron experiencias grazas a unha actividade medioambiental multitarea.
Pola súa banda a Concellería organizou, como colofón ao exitoso programa Vigo, Camiño a Camiño, dúas saídas as Illas Cíes o sábado e o domingo. Esta é precisamente unha das actividades máis demandadas polos vigueses e se leva a cabo en colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Na xornada do sábado participaron 150 persoas que saíron de Vigo ás 12:15 horas para realizar pola tarde a ruta ao Faro do Peito e Alto do Príncipe e logo deixar paso, xa pola noite, a actividades infantís e a contemplación das estrelas. Este grupo Acampada realizará mañá domingo a ruta ao Faro da Porta.
Pola súa banda no domingo partiron do Porto vigués un nutrido grupo de 550 persoas que combinaron as rutas clásicas ao Monte Faro, Pedra da Campá, Faro do Peito ou Alto do Príncipe cunha actividade marítima interpretativa con Kaiaks que, sen dúbida, aportou a todos unha visión diferente do Parque.
A todos os participantes entregóuselle unha Ficha mareal das Illas Cíes e outra do Ceo de Vigo para coñecer polo miúdo as características medioambientais do noso entorno. Ademais, esta fin de semana participaron como persoal de apoio preto de 65 persoas entre coordinadores, Policías Locais da unidade "Costa e Praia", guías, socorristas, biólogos, monitores de kaiac...
Descargar todas as imaxes