O Auditorio Municipal acolle o domingo o espectáculo "Ilusionarte", do Mago Marttyn

Dentro do programa "Con t minúsculo" que organiza a Concellería de Cultura no Auditorio Municipal, o domingo, 15 de maio ás 18 horas, terá lugar o espectáculo do Mago Marttyn "Ilusionarte". Recomendado para todos os públicos, as entradas teñen un prezo de 3 euros para os nenos e nenas ata 12 anos e 5 euros para os maiores. Pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla dende unha hora antes do comezo da actuación.

venres, 13 mai 2011
"IlusionArte" é o espectáculo estrela do Mago Marttyn. Leva con el dende os seus comezos, e non hai forma de separalos, xa que onde van sementan ilusión, e volven cun éxito. Cada ano o espectáculo renóvase e perfecciónase. A programación completa do Auditorio Municipal pódese consultar na web www.vigocultura.org.