luns, 9 maio 2011

Abel Caballero asina un protocolo de colaboración con Citroën para o desenvolvemento e lanzamento do coche eléctrico en Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o máximo responsable da factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën, Pierre Ianni, rubricaron hoxe luns un protocolo de colaboración polo que o Concello contribuirá económicamente á factoría para o desenvolvemento e lanzamento do vehículo eléctrico. Caballero explicou que o Concello achegará tres millóns de euros en catro anos ligados ao emprego no sector da automoción, do que dependen no gran Vigo 35.000 persoas.

Xesus López anima a acudir ao concerto que a Orquestra 430 e Christophe Coin ofrecen o mércores no Auditorio Municipal

luns, 9 mai 2011

O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou hoxe o concerto que protagonizará a Orquestra Vigo 430 o vindeiro mércores ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e que contará coa participación do violonchelista francés Christophe Coin, un dos máis recoñecidos da actualidade. Segundo destacou o nacionalista, este concerto é a "continuación da intensa programación que temos no Auditorio Municipal, que está pensada para todos os públicos".

A biblioteca "Xosé Neira Vilas" rexistrou máis de 5.000 usuarios dende a súa apertura e conta con 600 socios

luns, 9 mai 2011

A biblioteca municipal "Xosé Neira Vilas", posta en marcha pola Tenencia de Acaldía e a Concellería de Cultura hai pouco máis dun mes, rexistrou ata o 30 de abril 5.086 usuarios e acadou as 597 altas como socios e socias. "Estes datos reflicten o acerto de abrir esta primeira biblioteca de proximidade á que queremos dar continuidade no vindeiro mandato con novas instalacións en Navia e Bouzas", destacou o concelleiro de Cultura, Xesus López.

O Auditorio Municipal acolle mañá martes o espectáculo "Opera aperta", con Julián Hernández e Manuel Romón

luns, 9 mai 2011

A programación que a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural organiza no Auditorio Municipal inclúe un novo espectáculo musical que terá lugar mañá, 10 de maio ás 20.30 horas. Trátase da actuación que realizarán Julián Hernández e Manuel Romón baixo o título "Opera Aperta (en parte) Volume II". As entradas para asistir a este espectáculo teñen un prezo de 7 euros e pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da obra.