Escoitar
Dirección de Ingresos

Aprobación provisional da Ordenanza reguladora de prezos públicos pola utilización do servizo de bicicletas eléctricas

<br />

venres, 6 mai 2011
O Pleno do Excmo. Concello de Vigo, celebrado en sesión do 25 de abril de 2011, adoptou, entre outros, os seguintes acordos:

I.- Aprobacion provisional do acordo de establecemento de prezos públicos polo servizo de préstamo de bicicletas eléctricas na cidade de Vigo.

II.- Aprobacion provisional da ordenanza reguladora de prezos públicos pola utilización do servizo de préstamo de bicicletas eléctricas na cidade de Vigo.

O expediente está na Oficina de Información deste Concello para información pública e audiencia ás persoas interesadas durante o prazo de 30 días hábiles dende a súa publicación no BOP nº 86 de data 5 de maio de 2011, para que poidan presentar no seu caso, reclamacións e suxerencias de conformidade co artigo 49 da Lei 7/85 de bases de réxime local.