luns, 2 maio 2011

Santi Domínguez anuncia que o venres comeza a funcionar o bus eléctrico como impulso á mobilidade do Casco Vello

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou hoxe que o vindeiro venres entrará en funcionamento o bus eléctrico do Casco Vello. Segundo destacou o nacionalista a implantación deste transporte público, que será de uso gratuíto ao longo do primeiro mes no que está en fase de probas, supón un paso máis na recuperación do Casco Vello "que iniciamos neste mandato" e no obxectivo de mellorar a mobilidade do barrio.

Xesus López avanza que Bad Religion actuará en Castrelos o 14 de agosto no peche do festival O Marisquiño

luns, 2 mai 2011

O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López, presentou este venres o concerto que pechará o festival O Marisquiño 2011. Trátase da actuación que ofrecerá o grupo americano Bad Religion o 14 de agosto no auditorio de Castrelos, que se enmarca na xira de 30 aniversario da banda e na que ademais de facer un repaso polo seu repertorio, presentarán o seu último traballo, The Dissent of Man.

A Sociedade Filarmónica de Vigo actúa mañá martes no Auditorio Municipal cun progrma que inclúe pezas de Pergolesi e Vivaldi

luns, 2 mai 2011

A Concellería de Cultura e Animación Sociocultural propón para mañá un concerto da Sociedade Filarmónica de Vigo, que terá lugar no Auditorio Municipal ás 20.30 horas, baseado nas obras de Pergolesi e Vivaldi. O prezo das entradas para asistir á actuación é de 5 euros e pódense adquirir na taquilla unha hora antes do comezo da actuación ou na web www.laboleteria.es.