Escoitar

A Sociedade Filarmónica de Vigo actúa mañá martes no Auditorio Municipal cun progrma que inclúe pezas de Pergolesi e Vivaldi

A Concellería de Cultura e Animación Sociocultural propón para mañá un concerto da Sociedade Filarmónica de Vigo, que terá lugar no Auditorio Municipal ás 20.30 horas, baseado nas obras de Pergolesi e Vivaldi. O prezo das entradas para asistir á actuación é de 5 euros e pódense adquirir na taquilla unha hora antes do comezo da actuación ou na web www.laboleteria.es.

luns, 2 mai 2011
A Sociedade Filarmónica de Vigo interpretará na primeira parte do programa pezas de Pergolesi e de Vivaldi na segunda. Actuarán como solistas Nuria Lorenzo (mezzosoprano), Indra Sesti di Luca (soprano); o cuarteto Niemen estará integrado por Motoyo Matsukuma (violín), Mikolas Pocius (violín), Serguei Maximov (viola), Margarita Zukova (violonchelo); ao clavecín estará Alina Pociute. A programación completa que organiza a Concellería de Cultura pódese consultar na web www.vigocultura.org.